Presentación
ANPE Sindicato Independiente, dentro de su plan de formación para o curso 2009/10 vai realizar as II XORNADAS DE EDUCACIÓN: MOTIVACIÓN E DISFRUTE NO ENSINO, unhas xornadas onde alumnos e profesores sentirán a constante necesidade de disfrute nas tarefas docentes, mellora da calidade, ambiente familiar e acolledor do entorno, con beneficios para todos. Neste curso búscanse estas metas: ansia de coñecementos e forma de facelos agradables para toda a comunidade docente., aprendendo e manexando conxuntamente as técnicas que nos levan a tal fin, a través de técnicas de relaxación, animación á lectura, xogos creativos e expresión corporal e dramatización.
Dirixido a tódolos docentes non universitarios, segundo establece o artigo 3 da Orde do 1 de marzo de 2007 (DOG 11 de abril de 2007) pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado.
Os obxectivos a acadar son os seguintes:
• Facer uso das NTIC para o fomento da lectura.
• Empregar a biblioteca como medio ALFIN e centro de recursos para a lectura.
• Consolidar o hábito lector como forma de desenvolvemento persoal.
• Facilitar o coñecemento sobre o uso de distintos métodos de relaxación aplicables nas aulas.
• Practicar distintas técnicas de relaxación tanto individual coma grupal.
• Dar ferramentas ó profesorado para elaborar tarefas que contribuan a diminuir o estado de tensión do alumnado
• Desenvolver actividades de convivencia e colaboración na aula empregando uhna lengua estranxeira.
• Iniciar o contacto co Inglés mediante xogos.
• Crear no taller un marco de convivencia agradable entre os compañeiros/as e o profesor/a.
• Lograr a fluidez de expresión coporal e dramatización.
• Desenvolver os sentidos. Observación, percepción e sensibilidade.
• Fomentar a iniciativa persoal: espontaneidade, curiosidade e autonomia.
O horario será o seguinte:
a. 30 de novembro (luns): de 18 a 21,30h
b. 2 de decembro (mércores): de 18 a 22h.
c. 3 de decembro ( xoves): de 18 a 22h.
d. 4 de decembro (venres) de 18 a 21,30h.
O curso terá lugar no Centro Permanente de Adultos de Pontevedra, antiga escola de maxisterio.
O email que reciba de Reunalia, so é para confirmar que a súa solicitude foi tramitada con éxito, isto non quere dicir que esté admitido/a no curso.
Unha vez pechada a lista de admitidos/as, ANPE lle comunicará se está dentro desa lista, para confirrmar a súa asistencia e facer o pagamento na conta publicada. Da mesma maneira, todos aqueles que estean en lista de espera tamén recibirán un correo. O solicitante que non reciba ningunha comunicación, de ANPE, non está nin admitido nin en reserva.
Punto de encuentro
Centro EPA “Río Lérez”
Avenida de Buenos Aires, s/n - 36002, Pontevedra
Tlf: 986-861586 - Fax: 986-853169 –
E-mail: epapontevedra@gmail.com