Presentación
ANPE Sindicato Independiente, dentro de su plan de formación para o curso 2010/11 vai realizar un curso de lectura como instrumento básico na aprendizaxe, dirixido a tódolos docentes non universitarios, segundo establece o artigo 3 da Orde do 1 de marzo de 2007 (DOG 11 de abril de 2007) pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado.
Os obxectivos a acadar son os seguintes:
- Promover na aula o disfrute e o gusto pola lectura.
- Coñecer recursos, estratexias e técnicas para animar a ler.
- Fomentar a adquisición e mellora das competencias lectoras.
- Facer uso das NTIC para o fomento da lectura.
- Empregar a biblioteca como medio ALFIN e centro de recursos para a lectura.
- Educar en valores a través da lectura.
- Consolidar o hábito lector como forma de desenvolvemento persoal.
Os días e horas de realización serán:
Días: 24, 25, 26 e 29 de novembro de 2010
Horario:
a. 24 (mércores): de 18 a 22h.
b. 25 (xoves): de 18a 22h.
c. 26 (venres): de 18 a 21,30h.
d. 29 (luns) de 18 a 21,30h.
O curso terá lugar no IES A XUNQUEIRA II de Pontevedra, ao lado do Pavillón deportivo multiusos. O email que reciba de Reunalia, so é para confirmar que a súa solicitude foi tramitada con éxito, isto non quere dicir que esté admitido/a no curso.
Unha vez pechada a lista de admitidos/as, ANPE lle comunicará se está dentro desa lista, para confirrmar a súa asistencia e facer o pagamento na conta publicada. Da mesma maneira, todos aqueles que estean en lista de espera tamén recibirán un correo. O solicitante que non reciba ningunha comunicación, de ANPE, non está nin admitido nin en reserva.
Punto de encuentro
IES XUNQUEIRA II
R/ Celso Emilio Ferreiro, 6
36005 PONTEVEDRA